Queixo maduro elaborado con leite de vaca ecolóxica, Val do Rexo.
Elaborado con leite crú de vacas da granxa alaricana ecolóxica veciña Ecoleia. Vacas que pastan e dan leite. O leite Ecoleia muda en matices de sabores dunha estación a outra, isto débese aos cambios estacionais da herba e isto inflúe positivamente no queixo Paradiñas.
O leite Ecoleia chega a nosa queixería recén muxido, sen refrixerar. Unha hora despois de saír da ubre comeza a transformarse en queixo. Traballado sempre a man para manter as súas propiedades características.
– O afinado na cámara dura como mínimo 2 meses, onde se favorece o desenvolvemento das levaduras e se impregna a codia natural coas nosas propias mans cunha capa de aceite de oliva.
– Pódese observar como a pasta do queixo ten pequenos ollos irregulares distribuídos de forma homoxénera cunha cor amarelo, isto débese aos carotenos que aporta a alimentación das vacas a base de herba.
– Textura intermedia que se torna cremosa en boca, sabor moi equilibrado, doce, elegante e persistente con retrogusto agradable.
– Periodo de maduración: 3 meses
800gr aproximadamente
As nosas recomendacións:
– En crú en táboas como queixo semicurado.
– Acompañado de embutidos, de froitos secos ou froitas.
– Moi recomendable con tomate fresco porque é un queixo con moi pouca acidez.
– Pola súa textura firme pero mantecosa é o queixo estrela na cociña: fácil de raiar.
– Para elaborar croquetas Paradiñas con verduras (por exemplo cabaciño).
– Para elaborar empanada: queixo Paradiñas, verduras (espinafre) e ovo.
– Funde e gratina moi ben, ideal para lasañas, pizzas e risottos.
– Como recheo para carnes.
– En postres: potencia o sabor nas tortas de queixo.
Maridaxe con viño branco Godello ou cerveza artesá tipo IPA.
Conservación vida útil: refrixeración a unha temperatura inferior de 8º.
Caducidade: 9 meses.
Conselliño: atemperar o queixo a temperatura ambiente antes de consumir para apreciar ben as texturas e todos os matices dos sabores.
Alérxenos: Leite
Peso | 0,400 kg |
---|
Reseñas
Aínda non hai valoracións.