CADA CAIXA CONTEN 2 RACIONS DE 350 GR Aprox.
Ingredientes: patiñas de cordeiro de leite, garavanzos, chourizo, pementón doce e picante, cebola, sal, pementa e comiño.
Cociñado lentamente coa nosa receita tradicional.
A fotografía representa unha proposta de presentación.
Formas de preparación
Forma 1: poñer a bolsa ao baño maría durante 15 minutos.
Forma 2: verter o contido da bolsa nunha pota e quentar a lume lento durante 3-5 minutos.
Consellos
Como guarnición para as nosas Maniñas de cordeiro con garavanzos recomendamos unha simple ensalada verde fresca.
Historia
O mítico restaurante “Puesto Piloto” de Vigo, hoxe xa desaparecido, presentaba na súa carta un prato especialmente delicioso: a pata de tenreira guisada con garavanzos. Recollendo aquela proposta e utilizando o material que nos proporciona a nosa granxa de O Rexo presentamos estas Patiñas de cordeiro con garavanzos. O prato foi preparado nas cociñas do restaurante alaricano o Pepiño de Allariz co esmero da cociña tradicional: con paciencia, honestidade e bo produto.
Nestes tempos que corren, e sempre, e bo recoller aquel dito de que “ ata o rabo todo é boi” como símbolo de aproveitamento e valoración. No noso cordeiro de O Rexo todo é cordeiro de primeira calidade. Tamén as patas.
A carne do cordeiro de O Rexo reporta importantes nutrientes elementais para unha dieta saudábel: é una boa fonte de proteína, conten altos niveis de selenio, vitamina B12 e vitamina B3.
Todo elo unido a fibra, calcio, ferro e vitamina B6 aportado polos garavanzos permítenos ter ante nos un alimento completísimo.
Peso | 0,350 kg |
---|
Reseñas
Aínda non hai valoracións.