CADA CAIXA CONTEN: ¼ DE CORDEIRO. 1,600 KG Aprox.
Cociñado ao baleiro a 80ºC de temperatura durante 8 horas.
A fotografía corresponde a unha proposta de presentación.
Ingredientes: un cuarto de cordeiro de leite, allos, viño branco, aceite de oliva, sal e pementa.
Historia
O prato que vas a degustar esta feito a base de cordeiro de leite de ovella Latxa con non mais de 45 dias nos que so tivo como alimentación o leite da nai. As ovellas do Rexo aliméntanse en pastoreo extensivo na finca da propia granxa.
Todo isto da os cordeiros un sabor e unha textura especial.
O prato foi preparado nas cociñas de Aixiña Ourense en cocción a baixa temperatura: asado en bolsa alimentaria en forno a 80º durante 8 horas sen mais condimento que aceite de oliva, sal ,pementa e allo.
A carne do cordeiro de O Rexo reporta importantes nutrientes elementais para unha dieta saudábel: é una boa fonte de proteína, conten altos niveis de selenio, vitamina B12 e vitamina B3 Este tipo de carne forma parte da nosa cultura e tradición.
Sempre foi protagonista nos xantares das datas mais salientábeis e hoxe O Rexo a pon na túa mesa.
Receita
1. Prequentar o forno a 250 / 270 °C. Calor arriba e abaixo
2. Recolle a salsa da bolsa, posteriormente se utilizará como caldo.
3. Colocar o cordeiro nunha pota ou recipiente que aguante ben a calor e introducir o cordeiro no forno 10
minutos por cada lado, ata que este dourado uniformemente.
4. Botar a salsa cada poucos minutos sobre o cordeiro.
5. Unha vez transcorridos os 20 minutos e conseguido o dourado desexado, retirar o cordeiro do forno.
6. Servir o cordeiro asado e a salsa.
Consellos
Como guarnición para o noso cordeiro asado recomendamos unhas patacas ao forno con especias ou unha simple ensalada verde fresca.
Peso | 1,6 kg |
---|
Tamén che recomendamos…
-
Ata próxima tempada
Patiñas cordeiro con garavanzos
12,00 € IVE IncluidoGuisado de forma tradicional
Reseñas
Aínda non hai valoracións.