
A QUEIXERÍA

Situada no Ecoespazo do Rexo
QUEIXOS O REXO

O Proceso
O noso queixo nace do apego á terra, do desexo de manter o territorio nas mesmas condicións en que os nosos avós e avoas nolo deixaron en herdanza. Un legado no que cremos que se pode prosperar, producindo de xeito artesanal cada unha das nosas pezas, cun leite de primeira calidade ligado ao pastoreo e a tradición gandeira.
O NOSO QUEIXO

Características
Trátase do primeiro queixo de ovella feito en Galicia, a base de leite cru. Elabórase con moito agarimo de xeito artesanal, un a un dáselle forma a este produto tan demandando na comarca.
As ovellas son de raza latxa, proceden do País Vasco, adáptanse moi ben o duro clima da provincia e producen aproximadamente un litro de leite ao día, repartidos en dúas muxiduras, unha á mañá e outra á tarde. O traslado dende a granxa á queixería faise de forma tradicional: o noso pastor enche as leiteiras e as traslada á queixeiría.

OS PRODUTOS EN DETALLE


Queixo de ovella
Elabórase con leite cru, fermentos lácticos, callo e sal. Cada queixo moldease a man e voltease a diario na cámara de maduración ata o seu correcto afinado. O método de elaboración artesanal e o uso do leite cru manteñen a alma dos queixos á vez que fan única cada peza.
O resultado de esta alquimia é un queixo cunha textura semidura, mantecoso ó paladar con sabor persistente de intensidad media e suave acidez, olor elegante e afroitado e lixeiro retrogusto especiado que se mezcla con notas de bosque da codia.

Queixo "A Corga"
Elabórase con leite cru de vaca e ovella, fermentos lácticos, callo e sal. Cada queixo moldease a man e voltease a diario na cámara de maduración ata o seu correcto afinado. O leite de vaca, coa súa suavidade, elegancia e notas amanteigadas, fusiónase neste queixo co aporte extra de granxa e sabor do leite de ovella.
Para o afinado de este queixo lavamos a codia varias veces por semana fomentando o desenrolo de Brevibacterium linens que aporta mantecosidafe e un sabor característico.

Queixo "Torneiros"
O nome é en homenaxe á parroquia de Ecoleia, a ganderia veciña de onde procede o leite ecolóxico recién muxido que é o protagonista desta elaboración.
Presencia singular cunha codia negra sobre a que viven diferentes mofos, importantes no afinado. Ao corte descubrimos unha pasta lixeiramente amarela con ollos distribuídos irregularmente e un agradable aroma a leite de vaca. A súa consistencia lembranos á nata espesa con toques doces e aterciopelados, que contratan ca acidez final que nos queda en boca.
Son pezas pequenas que elaboramos con moito mimo moldeando á man e deixando que se desoren lentamente. O día seguinte cubrímolos un a un con carbón vexetal e deixámolos nunha sala para que as levaduras e o Penicilium album se desenrolen. Cando isto sucede pasan a nosa cava de afinado onde maduran 30-40 días.

Sobremesas da Corga
Iogut artesán de leite de ovella do Rexo e vaca Ecoleia con crema de castaña de Petelo. Podes compralos na nosa tenda física, situada no Ecoespazo O Rexo.

Iogur Torneiros
Iogur artesán natural de leite de vaca Ecoleia. Podes compralos na nosa tenda física, situada no Ecoespazo O Rexo.
